Praza no Barrio de Ribadavia
Encargo e situación de partida
A finais do ano 2018 recibimos o encargo por parte do Concello de Vigo de realizar unha intervención sobre unha pequena área de espacio público situada no barrio de Ribadavia da cidade de Vigo.
Esta zona da cidade pertence á parroquia de San Roque, é un barrio de viviendas sociais históricamente moi esquecido e marxinado, pero cun profundo arraigo e sentido de vecindade. Nos últimos anos foi obxeto dunha intervención por parte do Concello de Vigo, onde se lle dotou das infraestructuras das que carecía (saneamento, alumeado público). Fruto desta intervención xurdiu por parte da veciñanza a intención de mellorar e facer un mural nunha medianeira que quedou á vista logo do derrubo dunha vivenda. A petición dos vecinos é escoitada polo Concello que decide levar a cabo dita intervención trasladándonos a nós o encargo.
O encargo recollía por tanto a demanda dos veciños de empregar unha das medianeiras como soporte para un mural e a intención por parte do Concello de aportar algo máis á intervención. A limitación que se nos plantexaba pasaba por adaptarse ao ámbito sinalado, ao mural que faría un artista e a disposición dun presuposto modesto.
Ao chegar alí, o espazo que nos atopamos foi unha gran explanada de formigón feita en dous tramos, un talude cara a medianeira que acumulaba lixo e humidade e moitas prazas de aparcamento. Logo da nosa visita ao barrio e de falar cos vecinos, a idea estaba clara: facer espacio público, facer praza.
Ideas de proxecto
A intención pola nosa parte para o espazo foi sempre a de conseguir un espazo público estancial de certa calidade e a de dar soporte digno para o mural que se plantexaba. Entendendo isto, oproxecto vertébrase con 6 ideas claras:
_Eliminar parte das prazas de aparcamento existentes, o que permitirá crear un espazo público sen interferencias.
_Poñer en relación a nova praza co parque existente adxacente, enriba da rúa Pizarro.
_Potenciar o espazo estancial a través da vexetación coa plantación de 5 árbores, dous deles de gran porte que posibiliten a formación de sombras e que á súa vez confinen mellor o espazo e o protexan dos coches. As especies escollidas serán caducifolias e aportarán diferentes cores co paso das estacións.
_Sanea-lo talude existente coa medianeira, dignifica-lo encontro co pavimento e aportar luz “dende abaixo” ao mural. Faranse dous niveles e aproveitarase para conduci-las pluviais soterradas.
_Extender o mural polo pavimento de formigón con cores en comunión coas empregadas no mural i emulando a perspectiva proposta polo muralista.
_Permeabilizar o pavimento de formigón existente a través de perforacións cilíndricas. Isto favorecerá a desaparición das escorrentías en superficie e aportará humidade ao subsolo. Aproveitaranse estas perforacións para plantar especies vexetais reptadoras que colonicen de xeito controlado o espazo e compitan coa “dureza” do aspecto do formigón.
Obxetivo
O obxetivo da intervención pasa por recolle-las peticións e propostas plantexadas pola veciñanza e aproveitar a acción sobre unha medianeira para conseguir máis espazo público (peonil) e mellora-lo entorno. Ao mesmo tempo a intervención prevé e plantexa a posibilidade de conectarse co parque de Pizarro e así abrir o barrio á cidade tentando esquiva-la marxinalidade e o illamento histórico que sufriu este anaco de cidade. Trátase de plantar unha pequena semente para que pouco a pouco os vecinos poidan gañar espazos de utilidade.
Resultado final
Pese ás reticencias por parte dalgúns veciños á retirada de prazas de aparcamento, a acollida da nova configuración do espazo foi boa. A retirada duns poucos vehículos e a introducción de especies vexetais oxixena o espazo moito máis do que agardabamos, o que nos fai pensar nas posibilidades que tería todo o ámbito se prescindisemos dos coches e se plantasen máis árbores.
Como reflexión final engadir que non é preciso invertir
moitos medios económicos en mellorar a cidade, tan só
se trata de apostar por un cambio de paradigma no que as
persoas e os seres vivos en xeral sexan os protagonistas
no deseño das nosas cidades.