Imprescindible para vender, alugar ou construír.
A Directiva 2010/31/UE, do 19 de maio, relativa á eficiencia enerxética dos edificios, esixe a expedición dun certificado de eficiencia enerxética para os edificios ou unidades dos mesmos, xa sexan construídos, vendidos ou alugados.
Así, calquera edificio ou apartamento en venda ou alugueiro terá que ter un certificado de eficiencia enerxética. Este documento forma parte da información básica que o propietario debe proporcionar ao comprador ou inquilino.
Un certificado enerxético tamén adoita ser necesario para solicitar subvencións relacionadas coa mellora da eficiencia enerxética da túa vivenda.
Unha vez asinado o contrato, programaremos unha visita á propiedade para tomar as medidas e obter a información necesaria. A partir de aí, o noso despacho encargarase de todo: redactaremos o documento, pagaremos a taxa e rexistrarémolo no Instituto Enerxético de Galicia (Inega).
O rexistro no Inega garante que todos os pasos realizados pola nosa oficina foron correctos.
O cliente só terá que agardar o noso informe e realizar o pago unha vez rexistrado.
O custo da taxa do certificado de eficiencia enerxética dependerá da superficie da vivenda. Se desexa un prezo exacto, o noso estudo pode facerlle unha estimación antes de realizar o pedido, tomando como referencia a superficie rexistrada no catastro.