Radón, o problema que non se ve

Símbolo del radón

A presencia de gas radón no interior das nosas vivendas ou lugares de traballo é algo do que se ven falando con intensidade nos últimos tempos, tanto que durante este ano 2020 entrará en vigor un apartado específico do código técnico “CT-HS6 – Protección contra o radón” Ao tratarse dun asunto que pode afectar á saúde, imos ser rigurosos e obxetivos en todos os datos que acheguemos nesta publicación. Como base, imos tomar como referencia a guía do radón do Instituto galego de vivenda e solo (IGVS) da Xunta de Galicia.

¿Qué é o radón? 

“O radon (Rn-222) é un gas radioactivo incoloro, inodoro e insípido que procede da desintegración radioactiva natural do uranio presente de forma natural nos chans e nas rocas, especialmente as de tipo granítico. Emana facilmente do terreo e ascende entre os poros deste, ata chegar á superficie, onde pasa ao aire e se desintegra emitindo unha serie de partículas radioactivas”Como se le nesta descripción, o radón emana ao exterior con facilidade, pero a súa desintragración non ten maior incidencia para a nosa saúde cando nos atopamos no exterior. Non ocorre o mesmo cando o gas accede a espacios pechados, onde a desaparición das partículas radioactivas se produce dunha maneira máis lenta, aumentando así a súa concentración.

Unidade de medida e niveis de referencia

«A unidade de medida que se emprega para medir as concentracións de radon é o becquerelio por m3 (Bq/m³). O proxecto do Regulamento sobre protección da saúde contra os riscos derivados da exposición ás radiacións ionizantes establece un límite máximo de 300 Bq/m3 anuais nos recintos pechados, tanto para as vivendas, lugares de acceso público ou de traballo.»

Efectos sobre a nosa saúde

Non é o noso cometido analizar o perigo que implica para a saúde a exposición a altas concentracións de radón, polo que nos limitaremos a recoller o que se indica na guía sobre o risco da exposición ao radón: “O radon está considerado como canceríxeno pola Organización Mundial da Saúde (OMS), de acordo coa Axencia Internacional para a Investigación do Cancro (IARC). O risco de padecer cancro de pulmón aumenta de maneira proporcional ao incremento da exposición ao radon e pode aumentar ata un 16 % por cada incremento de 100 Bq/m3 na concentración media de radon a longo prazo. Segundo a OMS, o radon é a segunda causa de cancro de pulmón, despois do tabaco en fumadores, e a primeira entre quen non fumou nunca”.

O radón en Galicia

Mapa de España y Galicia con mayor y menor exposición al radón

Esta entrada no blog ten a súa razón de ser, porque como se pode observar no mapa, Galicia, atópase dentro das zonas de maior risco de exposición potencial debido á composición granítica do chan en moitas partes do territorio.  Pero tal e como se di na guía do IGVS, esto que se menciona non implica que toda a poboación que vive ou traballa en zonas de alta exposición, esté afectada, limítase só ás vivendas ou lugares de traballo con alta concentración no seu interior. Falamos principalente de vivendas ou lugares de traballo porque un dos factores que fai que aumente o risco para a saúde é, ademais do nivel de concentración, o tempo de estancia no sitio.

Onde se localizan os espazos de maior concentración.

Os espazos onde o risco para que exista alta concentración de radón é maior, son as plantas da edificación en contacto co terreo, sobre todo se a edificación carece de forxado sanitario. Sotos, semisotos e plantas baixas cando non existe soto ou garaxe baixo estas. Como se mencionou antes, o radón sube polas fisuras existentes no terreo, e ao entrar en contacto co aire exterior, dilúese rápidamente. Porén, se entra nas edificacións por fendas, fisuras ou elementos que comuniquen o chan co interior do inmoble, esta disolución é moito máis lenta, provocando o aumento da concentración, que se incrementa canto menores sexan os fluxos de aire no interior (renovacións).

Medición dos niveis de radón

As vivendas de nova creación, coa entrada en vigor do apartado do código técnico e en función da súa ubicación, terán que cumprir o establecido nese punto da normativa, pero ¿qué acontece cos inmobles xa existentes? A norma non terá carácter retroactivo, polo que non obriga ao seu obrigado cumprimento, aínda que a recomendación é que se a nosa vivenda ou lugar de traballo ten un alto contido de radón no seu interior, debemos adoptar medidas para minimizar a súa presencia. Para poder medir a presencia de radón, podemos acudir a unha empresa especializada, pero se queremos facer unha primeira medición pola nosa conta, existen opcións que podemos atopar na páxina do laboratorio do radón en Galicia, dependente da universidade de Santiago de Compostela. Os tipos de medidores que podemos empregar como usuarios, son os que se indican a continuación:

MEDIDA INTEGRADA

«De longa duración, mínimo de 3 meses, con detectores pasivos CR-39 (Radosys®).

Medidor de radón

Aconsellada para valorar en primeiro termo a contaminación por radon dunha vivenda ou posto de traballo. Obtense unha media ponderada dun período longo de exposición e axustada por coeficientes de estacionalidade, ao ter en conta as variacións temporais segundo a estación climatolóxica do ano. Adecuada para colocar en diversas pezas da casa (soto, dormitorio e nos diferentes andares).»

MEDIDA DE RADÓN EN CONTINUO 

«Medida de corta duración (entre tres e catro días) co Sistema Scout-SARAD®. 

Fotografia de un medidor de radón

Axeitada para o estudo rápido de niveis de radon, sobre todo en lugares de traballo e en edificios públicos ou despois de facer a medida integrada. Este sistema permite coñecer os niveles de radiación de forma rápida e exacta.»

Solucións ás altas concentracións de radón

Se o resultado das medicións realizadas mostra alta concentración de radón, sempre e cando queramos diminuir as concentracións, debemos poñernos en contacto con técnicos especializados no tema, para que estudien o caso, realicen un informe, e nos axuden a atopar a mellor solución para minorar os valores de concentración. A ventilación natural polos ocos de fachada pode mellorar as condiciones interiores, pero en ocasións pode non ser suficiente ou haberá puntos do inmoble onde non alcanza dita ventilación, polo que se deberá que recurrir a algunha das medidas correctivas que se indican na guía do IGVS ou en outros manuais, nomeadamente:

– Ventilación natural ou forzada da cámara sanitaria (en caso de habela)  

Fotografía de la construcción de un edificio

– Ventilación forzada no interior da vivenda

– Selado de fisuras e fendas con pinturas epoxídicas ou selador polimérico de polietileno

Fotografía de unos trabajadores pintando el suelo

 – Barreiras antiradón

– Despresurización natural ou activa do terreo

– Presurización positiva do terreo

Conclusións

– O radón aumenta as posibilidades de ter cancro de pulmón, sobre todo nos grupos de risco.

– O territorio galego atópase nas zonas onde o radón ten maior presencia, pero non necesariamente todos os inmobles teñen altas concentracións deste gas.

– Se vivimos ou traballamos en lugares onde sospeitemos que a presencia do radón pode ser alta, é recomendable facer una medición para coñecer a situación na que nos atopamos.

– En caso de que as concentracións de radón den por riba dos valores recomendados, aínda que non é obligatorio, pode ser recomendable abordar medidas correctoras, sobre todo naqueles lugares onde dita concentración sexa moi alta. Agardamos que esta entrada do blog vos axudase a entender algo máis sobre este asunto. Se necesitades algún tipo de asesoramento, podedes poñervos en contacto con nós no correo jacobo@quetipos.com  

Arquétipos! tienen su sede en Vigo pero trabaja en obras en toda Galicia.

Nuestra oficina central está en Espacio Nido, espacio de coworking. En este local  desarrollamos nuestra actividad como arquitectos a la vez que lo gestionamos, compartiéndolo con otras empresas de otras disciplinas con las que colaboramos habitualmente.

Estudio de arquitectura en Vigo.
Rúa Ferrería 25 Bajo. CP:36202. Vigo.

Móvil: +34 649 324 824 (Ramón Viéitez)
Móvil: +34 651 535 628 (Alberto Cebral)
Móvil: +34 620 973 765 (Jacobo Formoso)
Móvil: +34 626 448 427 (Brais Barreiro)

quetipos@gmail.com


Proyectos:

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestra web mediante el análisis de tu navegación en nuestro sitio web. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso.