Reforma de piso en Vigo
Hoxe queremos compartirvos algunha das fotos da reforma dun piso no Casco Vello de Vigo. Sen apenas modificar a distribución propuxemos uns espazos limpos e sosegados onde prima a cor blanca e a madeira de carballo.


O chan de tarima de madeira blanco unifica a estética e os ambientes do piso mentres que a calidez das madeiras de carballo reservouse para os elementos de mobiliario especial.



De arriba abaixo fotografías das partes de mobiliario deseñadas en madeira de carballo: o escritorio da habitación principal, a cociña o hall de entrada.
Tamén merece a pena observar o traballo de restauración das portas orixinais a cargo da carpintería Morgasán.

Todas as fotos son de Jose Chas. Agardamos que vos gustara e se tedes algún comentario non dubidedes en escribir!