Rehabilitación da Escola de Moreira en Mañufe, a historia dunha obra invisible

El hombre invisible

Fotograma do «Home invisible» de James Whale do ano 1933

No ano 2013 fixemos una obra invisible, non é que teñamos a habilidade de facer desaparecer o noso traballo coma o personaxe da novela de Wells, é que as veces so é preciso recoñecer as virtudes do existente para entender que non é preciso (case) intervir.

Fotografía de la entrada de una casa rústica

Esta é unha fotografía na que se aprecia o estado do edificio no que se nos solicitou un cambio de cuberta. Este elemento «metía» auga e as alternativas o sistema actual estaban claras, tiramos co existente e metemos un tellado de chapa sandwich ou botamos unha placa de formigón.

Seguro que vos sona a historia…. nos últimos anos foron substituíndose os tellados tradicionais baseados nunha estrutura de vigas de eucalipto ou pino tea por placas de formigón e tella ou por chapa metálica. Os argumentos sempre son os mesmos, «a madeira xa vai vella», «non ten illamento térmico», «os novos materiais aguantan máis tempo e non teñen mantemento»…

O certo e que estes tellados que levan feitos tantos anos son un prodixio estrutural sen precedentes, imaxinádevos unha cuberta de chapa con máis de 50 anos? Non hai ningunha non é? A chapa degrádase antes e non ten máis reparación que tirala ao lixo.

Entender que estas cubertas tradicionais poden funcionar outros 50-100 anos máis é algo no que insistiremos unha e outra vez.

Fotografía del exterior de una casa antigua

Fotografía da vexetación que medraba na cuberta

Fotografía de las ventanas de una casa antigua

Fotografía da fachada lateral con afloramentos e humidades

«¿E se non poñemos o panel sandwich que facemos? ¿Como milloramos o illamento? ¿Como evitamos as entradas de auga? ¿Como paramos os ataques dos hongos xilófagos (os que comen a madeira)? ¿Que facemos coas tellas rotas?

As respostas son sinxelas, cunha serie de operacións que describiremos a continuación poderemos ter un tellado, fiable, estable, seguro e illado. A maiores aforraremos moitos cartos e estaremos coidando a «pegada ecolóxica» da obra.

1- A limpeza da tella. O primeiro paso será desmontar a tella e limpala manualmente, unha por unha, aquelas que están rotas reporanse por outras iguais. Hoxe en día é moi sinxelo atopar tella plana da época porque ninguén a quere e todo o mudo tira con ela. Basta con ir a algún vertedoiro ou empresa de derrubos e pedirlles unhas cantas.

2- A recolocación da madeira. Estes tellados meten auga principalmente porque a madeira ten pequenas fatigas e isto fai que aparezan «barrigas» nas cubertas. Dende abaixo son difíciles de ver pero en canto te achegas son evidentes. O único que temos que facer e calzar as ripias ou as viguetas para recuperar a planeidade.

Fotografía del tejado de la casa rústica

Barrigas do tellado da escola Moreira durante a intervención

3- A protección da madeira. Unha vez e «calzada» a madeira teremos que protexela mediante aplicación dalgún dos tratamentos funxicidas existentes no mercado.

4- A colocación do illamento térmico. Para mellorar o illamento térmico nos interiores do edificio podemos dispor de pranchas ríxidas no chan do baixocuberta ou tamén podemos optar por colocalas entre a estructura da cuberta se preferimos facer o faiado habitable.

Fotografía de la estructura de madera de una casa antigua

Pranchas de poliestireno ríxido no chan do baixocuberta da Escola Moreira

5- A recolocación da tella. Unha vez que temos a estrutura tratada e a planeidade recuperada xa podemos repor a tella. É importante que se amarre cada unha con aramio de aceiro inoxidable á ripia correspondente.

Fotografía del techo de una casa antigua

Fase da recolocación da tella

O resultado do traballo é unha obra con menor custe económico, menor pegada ecolóxica e maior respeto o patrimonio construído.

Fotografía del aparcamiento de una casa rústica

Fotografía da Escola rehabilitada

Ah! E cos cartos que aforramos conseguimos repintar as fachadas, e parchear o patio de xogos dos cativos!

Fotografía de una casa rústica

Fotografía da fachada lateral repintada

Fotografía del patio de una casa rústica

Fotografía da parte traseira da escola rehabilitada e patio de xogos

Arquétipos! tienen su sede en Vigo pero trabaja en obras en toda Galicia.

Nuestra oficina central está en Espacio Nido, espacio de coworking. En este local  desarrollamos nuestra actividad como arquitectos a la vez que lo gestionamos, compartiéndolo con otras empresas de otras disciplinas con las que colaboramos habitualmente.

Estudio de arquitectura en Vigo.
Rúa Ferrería 25 Bajo. CP:36202. Vigo.

Móvil: +34 649 324 824 (Ramón Viéitez)
Móvil: +34 651 535 628 (Alberto Cebral)
Móvil: +34 620 973 765 (Jacobo Formoso)
Móvil: +34 626 448 427 (Brais Barreiro)

quetipos@gmail.com


Proyectos:

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestra web mediante el análisis de tu navegación en nuestro sitio web. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso.