Rehabilitación de lareira

Despois da rehabilitación da casa dos caseiros de Vilane decatámonos da cantidade de elementos que tiñan as lareiras tradicionais e que deben coñecerse para acadar unha axeitada restauración. Neste caso traballamos cun conxunto de lareira e forno que servía para cociñar e facer o pan. Hai tres partes principais, a pedra do lar ou lousa que é onde se fai o lume, o esteo que transmite as cargas o chan e a cambota que dirixe o fume cara a chimenea. No interior hai un forno abovedado construído en ladrillo refractario.

Nos muros hai varios ocos que serven de lacenas onde gardar alimentos ou enseres. Debaixo da lousa hai un espazo que pode servir de capoeira para alimentar os capóns ou de leñeira. Normalmente ten unha porta ou gaiola. Outro elemento curioso e o burro ou pau de fumeiro que é unha pola de castiñeiro do que se pendura o pote cunha cadea de ferro chamada gremalleira que pode xirar para situalo enriba do lume ou enriba da mesa.

Fotografía de un horno antiguo
Fotografía de un horno antiguo

Estas lareiras pódense rehabilitar e incorporar a novos espazos de cociña sen perder a súa funcionalidade como demostra a nosa proposta. En continuidade co forno propuxemos incorporar unha cociña de indución con tódalas comodidades actuais que ven a complementar e ligar o uso tradicional. O novo elemento é negro para recordarnos que este sempre foi o «espazo do fume»

Fotografía de la remodelación de la vivienda antigua

lareira durante a rehabilitación

Fotografía de una cocina
Fotografía del interior de una vivienda antigua

Conxunto coa lareira rehabilitada

Arquétipos! tienen su sede en Vigo pero trabaja en obras en toda Galicia.

Nuestra oficina central está en Espacio Nido, espacio de coworking. En este local  desarrollamos nuestra actividad como arquitectos a la vez que lo gestionamos, compartiéndolo con otras empresas de otras disciplinas con las que colaboramos habitualmente.

Estudio de arquitectura en Vigo.
Rúa Ferrería 25 Bajo. CP:36202. Vigo.

Móvil: +34 649 324 824 (Ramón Viéitez)
Móvil: +34 651 535 628 (Alberto Cebral)
Móvil: +34 620 973 765 (Jacobo Formoso)
Móvil: +34 626 448 427 (Brais Barreiro)

quetipos@gmail.com


Proyectos:

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestra web mediante el análisis de tu navegación en nuestro sitio web. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso.